“Os xardíns do Futuro” é o tema central da edición 2016 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA). O prazo de presentación de proxectos para participar no FIXA permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de novembro.

O lema “Os xardíns do Futuro” é o tema central da edición 2016 e quere deixar patente a importancia das zonas verdes no medio urbano e como estas contribúen á mellora da calidade de vida da cidadanía e os problemas ambientais e de sustentabilidade nas megacidades. Neste senso, Allariz é un exemplo de coidado ambiental de aposta pola paisaxe como medio de dinamización social e económica do municipio.

A convocatoria para participar no VII Festival de Xardíns de Allariz permanecerá aberta ata o día  15 de  novembro.  A partir desta data un xurado composto por persoas especializadas en arquitectura paisaxística e xardinería, reuniranse para seleccionar os mellores proxectos.

Pode participar calquera cidadán ou profesional  presentando unha ou máis propostas. Toda a información sobre as bases do concurso está disponible en http:// http://allariz.com/festival/contenidos.asp?sec=3&id=14.

Sobre o FIXA

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz , que se ven celebrando desde 2010 nas marxes do río Arnoia, no espazo ubicado entre a Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras” e o Ferradal, nace como punto de encontro das persoas amantes da arte e natureza, do paisaxismo e do deseño, como unha aposta de futuro polos espazos verdes como vía para a mellora da calidade de vida, o desenvolvemento social e como motor de dinamización da economía local.

O recinto, de 20.000 metros cadrados, integra doce xardíns efémeros: dez convocados nun concurso internacional baixo unha temática común, aos que hai que sumar o xardíns gañador, por votación popular, o ano anterior e outro que realizan os escolares da localidade.

O festival tense convertido en foco de atraccións non só para veciños, que acoden ás múltiples actividades que se organizan como concertos, obradoiros ou visitas guiadas, senón tamén para un importante número de turistas que se achegan a coñecer o lugar. Preto de 40.000 persoas pasan de media canda ano polo recinto.