O Concello de Allariz e Abanca asinaron un acorde de colaboración cultural,a través do cal desenvolverán a exposición fotográfica “Auga. O sangue da terra” de Manuel Valcárcel, ademais de varias actividades educativas paralelas.

A exposición mostra un percorrido pola relación que o ser humano ten coa auga, mediante un conxunto de fotografías realizadas nos cinco continentes co obxectivo de valorar a importancia que ten a auga como elemento vital, así como mostrar como inflúa a súa presenza ou ausencia nas distintas culturas, paisaxes e ecosistemas.

A presentación desta iniciativa terá lugar o vindeiro 7 de novembro na Casa da Cultura de Allariz.