A Fundación Ramón González Ferreiro,  acreditada como Centro Examinador Trinity (incluído no Marco Europeo de Cualificacións EQF, inicia un novo curso preparatorio para o exame oral GESE (Graded Examinations in Spoken English).

O curso desenvolverase, a partir do 4 de febreiro,  todos os xoves de 19:00h a 20:30h. Inclúe a preparación dos temas específicos para cada nivel, incluída a parte expositiva e de interacción co examinador.

Información e inscricións: Fundación Ramón González Ferreiro (Paciños) no teléfono 988 436 182 ou no correo electrónico info@fundacionrgf.org

12592202_806655456128015_3320584082286408814_n