A Sociedade Ciclista Alaricana, en colaboración coa área de deportes do Concello de Allariz, realizará un obradoiro de mecánica básica o vindeiro sábado 16 de outubro no espazo do patio do Museo do Coiro das 11:00h ás 13:00h.
Cunha duración aproximada de dúas horas nesta formación práctica preténdese capacitar ás persoas participantes no mantemento básico da bicicleta e os axustes para a posición correcta do corpo na bicicleta. O obxectivo tamén é aprender a solucionar as incidencias que poden sair ao longo dunha ruta ou no uso cotiá da bici: recolocar unha cadea, arranxar un pinchazo ou o axuste de freos e cambios.
A actividade é de acceso libre ata completar aforo. Recoméndase ás persoas participantes que traian a súa bicicleta pero non é requisito imprescindible. De balde e dirixida para todas as idades.
Para mais información, Zeltia Burgos 639 357 077 – Marcos López 617 817 282