Comezan os preparativos para a cuarta edición do Festival RiЯ (International Comedy Shortfilm Festival) onde o público gozará dunha selección internacional de curtametraxes de comedia. Celebrarase en Allariz do 8 ao 11 de setembro e a entrada será de balde.

O prazo de inscrición para as curtas comeza o vindeiro 1 de marzo, prolongándose ata o  30 de xuño. A recepción das curtas será a través da plataforma Festhome.

Mentres agardamos que a celebración desta cuarta edición chegue, os organizadores irán  desvelándonos quen recibirá o Premio RiR Contigo 2021, así coma a programación, que este ano incorporará a retransmisión en streaming dalgunha das actividades, nesta cita de humor.