O Concello de Allariz, a través da área de promoción económica, organiza dende fai varios anos o Mercado de Artesanía “Arte de Man”. O evento pretende promover, achegar o traballo e a venda directa dos artesáns locais así como doutros/as profesionais galegos/as convidados/as.
A data prevista para a edición de 2023, como ven sendo habitual o segundo domingo do mes de setembro, será o 10 de setembro.
Con motivo deste evento a organización publica as bases de participación e abre o prazo de inscrición para aqueles/as artesáns/ás cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia.
O prazo de inscrición comezará o luns 3 de xullo e estará aberto ata o 31 de xullo. As/os artesáns/ás interesados/as en participar poden inscribirse a través da páxina www.allariz.gal/artedeman
As persoas organizadoras do evento serán os/as encargados/as de seleccionar aos/ás participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios e dará prioridade á mostra do oficio en vivo durante a feira.
Información:
- www.allariz.gal/artedeman/
- 988 442 210 – dinamizacioneconomica@allariz.gal
- Centro de Promoción Económica de Allariz