A área de maiores do Concello de Allariz está a ultimar os detalles para a celebración dunha nova edición das Xornadas de Maiores que terán lugar do 1 ao 4 de outubro.

Como é habitual as xornadas comezarán coa andaina saudable. Os e as maiores percorrerán os camiños ata San Salvador dos Penedos. Participarán, o mércores, no obradoiro creativo, impartido pola ilustradora alaricana Luchy Polo, de cadernos de recordos ilustrado. O xoves partirán rumbo a Pontevedra, nunha visita cultural e o venres, para poñer fin ás xornadas, terá lugar un obradoiro de autocoidado, relaxación e respiración, impartido pola psicóloga e terapeuta Aldara Ballesteros.

Para asistir ás actividades é preciso inscribirse no Fogar dos Maiores (988 554 059 – maiores@allariz.com)