O pasado venres 24, comezaban pola tarde, as X Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Aínda que a chuvia fixo acto de presencia a última hora do venres, isto non freou para que a veciñanza e as persoas que se achegaron a Allariz, poderán degustar algunha das 18 tapas ou sentarse a comer en calquera dos 23 establecementos que oferta esta rico manxar.
Unha fin de semana marcada polo bo ambiente nas rúas de Allariz, acompañaron os primeiros días das Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Aquelas persoas que queiran probar, degustar ou simplemente repetir, se xa probaron as tapas, terán a oportunidade ata o 12 de outubro.
Podes consultar a información dos establecementos participantes en allariz.gal/carnedeboi ademais de todas a información sobre o concurso de pinchos, no que hai tres premios nesta edición.
Entre todas as persoas, que consuman como mínimo 9 tapas, sortearase unha comida para dúas persoas. Se consume as 18 tapas que participan, entrarán no sorteo de 250€ para gastar no comercio local de Allariz. E por último “Papando no Boi”, premio para a primeira persoa que consuma todas as tapas e teña tarxeta cidadá, gañará un vale de 100€ para gastar no comercio local – consulta as bases en allariz.gal/carnedeboi-.