Ao redor dunha trintena de artesáns tanto locais coma do resto da comunidade estarán dando mostra do seu traballo o domingo 11 de setembro en Allariz no Mercado de Artesanía, Arte de Man.

Este ano 2022, Arte de Man volve á localización que estrenuo o ano pasado,no entorno de Santo Estevo dentro do casco histórico de Allariz . A cita, reunirá a artesás galegos/as en horario ininterrompido de 11:00h a 20:00h. o domingo 11 de setembro.

Arte de Man ofertará exposición e venda de distintas disciplinas artesás, tradicionais e innovadoras, como son a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e madeira, entre outros. Este ano como novidade teremos un completo programa de actividades xa que poderemos desfrutar de demostracións ao vivo de cerámica e pintura. Tamén haberá un obradoiro de cestaría, outro de cerámica e de trenzado de palla de centeo. Ademais durante a xornada de mercado contaremos con música en directo de 17:00h ás 20:00h, que fará que achegarse a Allariz sexa un bo plan de domingo.

Durante a presentación, María López concelleira de Promoción Económica, resaltaba que “a artesanía forma parte da nosa identidade e do noso patrimonio cultural e tamén artístico. Arte de Man é sempre unha oportunidade para por en valor e dar a coñecer aos nosos artesáns e diferenciarnos cun produto creado seguindo as pautas tradicionais pero innovando no deseño”.