A Fundación Ramón González Ferreiro continúa a súa programación formativa cun obradoiro de “Iniciación á bioconstrucción” e “Iniciación á ornitoloxía”.

O primeiro deles terá lugar o sábado 11 de xuño a cargo de Javier Lozano e Aitor Unanue. A sesión, prevista de 9:30h a 13:30h e de 16:00h a 19:00h, abordará o concepto de bioconstrucción e os materiais que se utilizan, a planificación e deseño e elaboración de morteiros en diferentes superficies.

Os días 17 e 18 de xuño desenvolverase a xornada de iniciación á ornitoloxía, en colaboración coa Sociedade Galega de Ornitoloxía. A actividade está dirixida ás persoas interesadas no eido da ornitoloxía, en especial nas aves que se atopan na Reserva da Biosfera Área de Allariz.

Información e inscricións:

Fundación Ramón González Ferreiro

988 436 182 – info@fundacionrgf.org

cartel ornitoloxia Allariz 13226982_880971205363106_163451396611265_n