Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Allariz, a través das súas áreas de Cultura e Mocidade, presentan as actividades culturais que terán lugar os días 16 e 17 de maio polo Día das Letras Galegas.

Este ano, a festividade galega estará dedicada á destacada figura de Luísa Villalta, en recoñecemento á súa contribución á literatura galega e ao seu legado cultural.

O xoves 16 de maio, ás 20:30 horas, poderemos desfrutar de “Cantos de Taberna” por Allariz. A actividade dará comeza ca presentación na Praza Maior, para proseguir cos cantos na Tenda do Pepiño e no o Bule Bule e finalizar na Praza de Abaixo. Ao rematar dende a Concellaría de Mocidade tiña organizado un concerto cos grupos galegos Ukestra do Medio e o grupo Bule. Esta actuación, quedou adiada por mor do tempo a espera de buscar unha nova data.

O venres 17 de maio comezarán as actividades concerto da Banda Unión Musical de Allariz, que terá lugar ás 12:30 horas na Alameda de Allariz, se o tempo nolo permite.

Pola tarde, a partir das 19:00h na Praza de Abaixo  Lydia Botana chegará co seu espectáculo Contos Musicados (se chove muda a actividade para a Casa da Cultura) . Para público infantil, ler conta moito.

O sábado 18 de maio, tamén haberá o Roteiro Temático- Mulleres de Allariz: Un percorrido pola historia de Allariz a través das mulleres que deixaron a súa pegada en diferentes ámbitos, destacando a súa fortaleza, sabedoría e loita polos seus ideais, unha visión diferente e enriquecedora da historia local. Máis info en allariz.gal/turismo/roteiros-tematicos/

Todas estas actividades son parte da celebración do Día das Letras Galegas, unha xornada dedicada a homenaxear a lingua e a cultura galegas, así como a destacar a importancia dos escritores e poetas que contribuíron ao enriquecemento do patrimonio literario de Galicia.

Con baile, con música, con lingua ,e con Luísa Villalta na memoria para dar a benvida ao Día das Letras Galegas. Mil primaveras para o galego, anímate e festexa connosco!!!