Para adaptarse ao protocolo covid-19, a escola infantil “A Galiña Azul” de Allariz,  debe levar a cabo unha serie de cambios que van contribuír á seguridade tanto de nenos e nenas como do persoal educativo.
Unha das medidas tomadas é a de reducir mobiliario, obxectos, xoguetes e materiais coa finalidade de manter todo ben hixienizado e limpo.
Por iso, o Concello de Allariz puxo á disposición da escola o edificio do antigo lavadoiro de San Benito. Unha vez realizadas as tarefas de limpeza, este espazo acollerá unha boa parte do material da escola o que permitirá ir facendo cambios ao longo do curso, actualizando e renovando periódicamente as aulas.
O Concello tamén aproveitará o período vacacional para pintar as instalacións que estarán listas ao inicio do novo curso escolar, no mes de setembro.