O Festival Internacional de Xardíns de Allariz está preparando xa a súa próxima edición. O prazo de presentación das novas propostas estará aberto ata o 30 de novembro. Xardíns de Cine será o título da décima edición e sobre el deberán xirar as propostas dos deseñadores que concursarán o vindeiro ano 2019.

Entre todas as propostas recibidas, un xurado de expertos no que  están representadas as organizacións máis importantes do paisaxismo: asociacións, profesionais, deseñadores, artistas e o sector comercial, elixirá 10 proxectos de xardíns que serán executadas e exhibidas como finalistas na edición 2019. Estes 10 xardíns competirán polo voto dos visitantes, máis de 40.000 persoas que cada ano se achegan ao Festival interesados no aumento da calidade dos proxectos que se mostran.

O concurso está aberto a todos os que desexen participar e as súas bases están dispoñibles en https://www.allariz.gal/festival/concurso-2019/