Os produtores do Mercado Da Reserva e o Concello de Allariz colaboran creando una cesta de produtos de Nadal.

Esta Cesta é o reflexo do traballo de 10 pequenas empresas locais que todos os sábados poñen a venda os seus produtos no mercado da Reserva da Biosfera de Allariz.

Produto de proximidade, elaborado no territorio con calidade contrastada, entre os que podemos atopar o Queixo do Rexo,Chourizos de porco celta de Embutidos Vilaboa,2 botes de Mel Abellas Hainas e Mel de Bosque,1 quilo de noces de Hortalizas Corvillón, leite ecolóxica de Ecoleia ,marmelada de Sabugueiro de Carabuñas, ,bolachas de Alfarroba de Faragullas e galletas de castaña de Pételo, ademais dunha pastilla de Xabrón de leite de Burra elaborado pola asociación Andrea na aldea de San Salvador dos Penedos.

A cesta presentase nunha bonita caixa de cartón e pode mercarse no propio mercado os sábados ou encargar por WhatsApp no 666340522 por un prezo de 50 €.

Un estupendo agasallo para este nadal co obxectivo de dar a coñecer a calidade e variedade do produto local e fomentar o consumo de proximidade, tecendo redes de colaboración entre distintos produtores.

A iniciativa foi presentada esta semana no mercado de Allariz ca participación dos produtores e da edil de promoción económica María López “ esta é una maneira máis de colaborar coa economía local, agardamos que a idea teña una boa acollida.