A empresa municipal de turismo, Reatur,  organiza unha nova edición do Campus Hípico.

Do 14 ao 22 de xullo desenvolverase o campus, no Cámping Os Invernadoiros, para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 16 anos.

Haberá dúas quendas de realización do campus (do 14 ao 17 de xullo e do 19 ao 22 de xullo) no que os nenos e nenas gozarán da equitación e tamén doutras actividades lúdicas e deportivas como  ping pong ou badminton ademais de veladas nocturnas.

Para participar e recibir máis inforamción é preciso contactar con Reatur no teléfono 988 442 006 ou a través do correo electrónico reatur@allariz.com

13015315_860953294030267_4239237810811431010_n