O Festival Internacional de Xardíns de Allariz celebrará,  durante os días 18 e 19 de xuño, a terceira edición do “Festival de Bandas de Música” organizado polo Concello de Allariz e a Asociación Cultural Unión Musical de Allariz.

Máis de 150 integrantes da Banda de Música de Parafita (Montealegre, Portugal), Sementeira de Cambre (A Coruña) e a Unión Musical de Allariz conforman o cartaz. A programación arrincará o sábado ás 19:30h, co pasarrúas dende a praza Maior antes da actuación, no Festival de Xardíns, da banda portuguesa con pezas tradicionais e modernas.  O domingo, 19 de xuño, repetirase o pasarrúas e remátase coa actuación das bandas de Múscia de Sementeira e Unión Musical de Allariz.

CONCERTO FESTIVAL DE BANDAS_Página_1