O Concello de Allariz presentou as actividades para a tempada estival de 2022.
Na mañá de hoxe, presentáronse as actividades culturais e de lecer programadas para os meses de verán en Allariz. Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz estivo acompañada por Alberto Conde, María López e Helena Suárez, responsables das áreas de Cultura, Promoción Económica e Deportes para a presentación deste calendario de actividades, das que imos gozar este verán.
A música, o teatro e a danza entre outras actividades, estarán presentes durante esta tempada estival, con máis de corenta actividades repartidas entre xullo, agosto e setembro.
Entre as novidades musicais desta edición podemos atopar as actuacións das Broken Peach, La Quinkillada, De Vacas ou as Tanxugueiras, entre outras moitas.
A comedia estará presente da man de Sarabela Teatro e de Teatro Silvardeiras, unha en xullo e a outra no mes de agosto.
Tamén poderemos gozar das Festas de San Bieito e da Empanada así como do Día da Patría, a cales terán varios actos durante as súas celebracións, para todos os públicos, pensadas para que tanto maiores coma cativos e cativas e mocidade desfruten delas.
Exposicións, mercados, festas etnográficas, o Festival RiR, a 1ª edición do Trail de Allariz así como as xa consolidadas Xornadas de Carne de Boi de Allariz completan o calendario de actividades de verán, que segundo nos explicaron os responsables municipais, están pensadas para que os e as veciñas, así como a xente que nos visite durante esta tempada, gocen en Allariz.