O Concello solicitou una axuda ao abeiro da convocatoria de Subvencións aos concellos e mancomunidades de municipios para a organización  de actividades físico-deportivas 2017, para a celebración do proxecto  “XX Andaina de Allariz”.

Na resolución do 7 de agosto de 2017 da convocatoria do concurso público para a concesión subvencións aos concellos e mancomunidades de municipios para a organización  de actividades físico-deportivas 2017, foille concedida ao Concello de Allariz unha subvención por importe de 1.063 € para o proxecto  “XX Andaina de Allariz”.

Unha vez executada a acción financiada procedese a informar sobre o financiamento obtido segundo se establece na base 12ª da convocatoria de axudas (BOP de Ourense nº 263 do 16 de novembro de 2016)

OBXECTIVO: Desenvolver a “XX Andaina de Allariz”.

RESULTADO: Positivo

Esta acción realizouse co apoio financeiro da Deputación Provincial de Ourense.