O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, esta mañá, para seleccionar os 9 xardíns que formarán parte da Xiv edición do Festival que terá como tema “ O xardín é unha obra de arte”.
Cristina Cid, alcaldesa de Allariz comezaba a rolda de prensa agradecendo a todos os/as membros do xurado o traballo realizado na mañá de hoxe. Cristina explicou que “O festival e moito máis que un parque, un xardín, un espazo verde…. simboliza todo aquelo que en Allariz queremos facer e que está representado neses 37.000m2. Queremos facer un Allariz sostible, con calidade de vida, con dinamización económica e o Festival Internacional de Xardíns de Allariz é un bo exemplo delo.”.

Francisco García, director do Festival, resaltou a profesionalidade do xurado e colaboración de cada unha destas persoas que participa no proceso de elección.
García destacaba que un dos obxectivos do Festival é que todas aquelas persoas que se están formando a través de Master e grados podan ter a oportunidade.
O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Elsa María Matos Severino (paisaxista), Guillermo Cuadrado (paisaxista), Jose Luis Romeu ( presidente da AEP) e Raquel Casas (doutorada en enxeñería agrícola e mestra do master de paisaxismo en Madrid ) , e por parte do concello de Allariz, Celestino Feijóo, director de urbanismo, Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente, María López, concelleira de promoción económica e
Francisco García, director do Festival de Xardíns elixiron, esta mañá, estes nove xardíns que ocuparán o recinto xunto co xardín gañador da pasada edición “Xardín Informal” e o xardín deseñado polos centros docentes de Allariz.

Francisco Caldeira Cabral resaltou as propostas recibidas, consolidando a internacionalidade do evento. Así mesmo desvelounos que a deliberación do xurado tivo momentos de debate pero que a palabras de Caldeira “son momentos que achegan coñecemento e enriquece a creatividade”.

Unha das novidades desta nova edición será a conservación do gañador técnico elexido por representantes da AEP. Jose Luis Romeu, como presidente da asociación, comunicou durante a rolda de hoxe, que o xardín que acadou este recoñecemento técnico foi “ Xeometrías do Nilo”. Este xardín quedará un ano máis, xunto co gañador do voto popular no recinto.
Nesta convocatoria foron 36 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Austria, Alemania, Ecuador, México, Brasil, Italia, Portugal e tamén do Estado como Madrid, Valencia, Valladolid, Asturias, Mallorca e por suposto Galicia.
Finalmente os novo seleccionados foron:

Noraboa os/as paisaxistas e arquitectos/as seleccionados para formar parte da futura edición do Festival de Xardíns de Allariz, que estará aberta dende maio a outubro de 2024.

A Alcaldesa pechaba o acto invitando aos membros do xurado a inauguración da edición para comprobar in situ a gran escolla realizada no día de hoxe, convencida do bo traballo realizado na selección.