Edición 2017 – Os xardíns da memoria

O xardín italiano de Antonio del Buono acada o primeiro posto nas votacións dos visitantes ao Festival I. de Xardíns de Allariz. Co 20,5% dos votos o xardín “La Memoria Olvidada” é o elixido para permanecer un ano máis no recinto. O segundo lugar, co 20% dos votos, é para o xardín “DNA, Mother of Memory” dos checos Sebastian Loder, Nina Krajčírová e Jiří Martinek. E o terceiro posto, cun 16% dos votos recae no xardín brasileiro “Conecta” de Fabio Azevedo da Silveira e Ananda Prata Silveira.

Esta foi “unha das edicións máis visitadas e valoradas polo público” Estímase que visitaron o Festival ao redor de 40.000 persoas que deixaron uns ingresos de máis de 31.000 euros.

As cifras mostran o avance do FIXA que se converteu nun referente para o mundo da empresa do paisaxismo.  A asemblea anual de AGAEXAR, a Asociación de Arboricultura, a Asociación Galega de Apicultura ou outras relacionadas co turismo como Garden Tours ou Bomarzo son parte dos exemplos de que o Festival de Xardíns, ademais de ser un dos principais atractivos turísticos da localidade, é un motor económico de referencia para o sector.