A programación de verán da Casa da Mocidade do Concello de Allariz arrancará o próximo 30 de xuño entendéndose ata o mes de setembro.

Un ano máis a Área de Mocidade organiza actividades para os/as mozos/as alaricanos/as durante os meses de verán.

As actividades arrancarán o 30 de xuño cun campionato de ping pong.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro poderase participar en actividades ao aire libre como rutas de sendeirismo. O Camiño do Cantábrico, unha saída ao Aquapark de Cerceda, fin de semana nas Fragas do Eume, obradoiros de autoestima, billarda, de coctelería e unha xornadas de manexo de drons formarán parte da programación deste verán.

Iago Santás concelleiro de Mocidade confía en que as actividades sexan do interese dos mozos e mozas e que se animen a participar nesta programación de verán que tenta abarcar opcións para todos os gustos.

Todas as saídas con pernocta débense reservar antes do 5 de xullo.

Para información e inscrición nas actividades facilitase o correo mocidade@allariz.gal, e o telefono 988 680 434 ou na mesma Casa da Mocidade.