O Concello de Allariz substituíu 334 luminarias de alumeado público por novas luminarias de tecnoloxía LED. Con esta actuación, levada a cabo entre os meses de abril e maio de 2021, o aforro enerxético supera o 70%. Deste xeito, este concello dá un paso máis a prol da eficiencia enerxética.
O obxectivo do proxecto era mellorar a eficiencia enerxética no alumeado público de Allariz e reducir o consumo de enerxía, mellorando a súa vez o actual estado de dita iluminación, garantindo tamén a seguridade e o benestar dos veciños. Nesta liña renovouse un centro de mando e acondicionáronse outros seis.
Ditos cambios realizáronse en diversos puntos do municipio: Nanín, Rúa Seixo, Rúa Rosalía de Castro, Travesía Alfredo Nan, Avda. de Celanova, Rúa Godalla e Plaza Modesto Seara.
O Concello aborda esta primeira fase de mellora a renovación do alumeado público do municipio, que ao necesitar menos potencia (redúcese en máis dun 70% o consumo de enerxía), conseguirá tamén un importante aforro económico.
Redución do impacto medioambiental
Ademais do aforro económico, o Concello de Allariz tamén pretende diminuír o impacto medioambiental xerando polo consumo de enerxía das súas instalacións, dando así un paso cara unha enerxía máis sostible.
O orzamento destinado a realizar as melloras foi dun total de 117.854 euros e foi cofinanciado con fondos FEDER xestionados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) nun 80%. O Concello e a Deputación aportaron o 20% restante, pero co aforro enerxético e económico que terá lugar cos cambios das luminarias, prevese amortizar o investimento nun período moi curto.
INVERSIÓN REALIZADA: 118.436,97 €
AXUDA OBTIDA: 94.749,57 €