Soneto

Edición 2021 – Parcela 12

O soneto é a idea xeradora do xardín e a súa métrica dá a pauta da plantación. Así, do mesmo xeito que o soneto, que  está formado por catorce versos endecasílabos, dous cuartetos e dous tercetos, a plantación disponse en catorce filas formadas por once elementos vexetais cada unha. A rima dá a especie de cada fila.

Última silaba de cada endecasílabo: ABAB ABAB CDC DCD

Introdúcense ademais outras especies da mesma forma que se distribúen os apoios rítmicos no poema, enriquecendo a variedade da plantación.

O creador do soneto, o siciliano Giacomo dá Lentini (1210-1260), escribiu na tradición dos trobadores, quen , ademais, compoñía  música coa que acompañaba os seus versos. O xardín recolle a influencia non só da composición poética, senón tamén da música. A madeira do pavimento, o círculo central, as liñas de auga que o cruzan e achegan son e os alcorques circulares son unha referencia a instrumentos medievais, como o laúde ou a cítara, que utilizaban. Unha pérgola en cuxa cuberta se escriben con letras recortadas os versos dun poema de Giacomo dá Lentini, “Poesía d’ amore”, proxecta unha sombra na que se pode ler o texto. Aquí o poema envólvenos. Unhas cadeiras convidan o visitante a sentar e gozar desta sensación, ver o xardín, ler un intre…

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

Patrocinador

EQUIPO:
Ángela Martínez

PROCEDENCIA:
Madrid


É arquitecta ( UPM), Máster en Project  Management (UE) e  Máster en Xardinería e  Paisaxismo ( UPM).                                            

Como arquitecta traballou varios anos en xestión de proxectos. Como  paisaxista colaborou co Concello de Aranjuez; traballou nun estudo de  paisaxismo estando involucrada en proxectos de distintas escalas e realizou xardíns privados e comunitarios en Madrid.

Participante en Festival Internacional de xardíns de Allariz 2019

Primeiro premio no Certame de Recunchos en Flor de Aras dos Olmos 2019