O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, esta mañá, para seleccionar os dez xardíns que formarán parte da duodécima edición do Festival dedicado aos Xardíns Terapéuticos, deseños que curan.
Os xardíns son espazos que propician o benestar, o relax, o desfrute dos sentidos, espazos para o corpo e para a alma que contribúen ao noso equilibrio físico e psíquico, espazos de saúde.
Un xardín terapéutico é un espazo ao aire libre que está deseñado especificamente para satisfacer as necesidades físicas, psicolóxicas, sociais e espirituais das persoas que usa o xardín, así coma as dos seus coidadores, familiares e amigos.
Sabes que moitas das terapias realizadas hoxe en día en espazos de interior, serían moito máis efectivas realizadas nun entorno natural?
Todas estas premisas foron as que levaron ao xurado do Festival a escoller este tema.
O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Elsa María Matos Severino (Paisaxista), Guillermo Cuadrado (Representante da Asociación Española de Paisajismo), Rocío Rengífo, Andres Vergara da Asociación de Graduados en Paisaxismo xunto con Ignacio Somovilla, do sector do turismo e xornalismo (Bomarzo – Garden Tours) e Ana Robles (Enxeñeira de Telecomunicacións e paisaxista) , e da parte do concello de Allariz, Celestino Feijóo, director de urbanismo, Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente, María López, concelleira de promoción económica e Francisco García, director do Festival de Xardíns elixiron, esta mañá, estes dez novos xardíns que ocuparán o recinto xunto co xardín gañador da pasada edición “O camiño cara a emigración de Rosalía” e o xardín deseñado polos centros docentes de Allariz.
Foron elixidos de entre 36 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Ourense, Madrid, País Vasco, Colombia, Italia, Estados Unidos, Brazil Escocia ou Montenegro, entre outros.
Noraboa os/as paisaxistas e arquitectos/as seleccionados para formar parte da futura edición do Festival de Xardíns de Allariz, que estará aberta dende maio a outubro de 2022.

ACTA FALLO XURADO F.I.X.A. 2022 XARDÍNS TERAPÉUTICOS, DESEÑOS QUE CURAN LISTAXE