Concurso 2024- O xardín é unha obra de arte.

A temática para a edición do 2024 é a de “O xardín é unha obra de arte”. Con este lema preténdese extraer os avances e innovacións que as distintas correntes artísticas inocularon na sociedade: o impresionismo, o cubismo, o surrealismo…

Xurdiron entón novas formas de observar a realidade cotiá en cadros, esculturas e calquera outra forma de expresión: agora queremos trasladalas ao xardín, para pasear entre plantas e sentirnos parte desa obra de arte.