4- XARDÍN CUBISTA
Edición 2024 – Parcela 4

O xardín componse dunha serie de elementos xeométricos que se intersecan e mesturan, creando un espazo dinámico e estimulante. Os materiais utilizados son principalmente pedra, madeira e vexetación, que se combinan para crear un ambiente harmonioso e acolledor.
Distribución do xardín:
• Zona de entrada
Esta zona está presidida por un muro que fai de arco e dá entrada ao xardín. A ambos os lados, a súa cor cambia dependendo do contraste cos elementos horizontais: pavimento e vexetación. Así, represéntase a idea cubista da xustaposición de planos.
• Zona central
Esta zona está composta por unha serie de elementos xeométricos que se intersecan e mesturan. Estes elementos inclúen muros, bancos, estanques e plantas.
• Zona de saída
Ao final chégase a unha bancada oblicua que permite contemplar o xardín desde un lugar elevado. O percorrido termina polo principio, facendo referencia á importancia do paso do tempo nas obras cubistas. Un banco e pérgola semicircular rompe coa linealidade do xardín antes de saír del.
Obxectivos do proxecto:
Os obxectivos do proxecto de xardín cubista son os seguintes:
1 Interpretar o movemento artístico do cubismo nun espazo natural.
2 Crear un espazo dinámico e estimulante que convide á reflexión e á experimentación.
3 Contribuír á difusión do cubismo como movemento artístico.
EQUIPO:
The Cube
PROCEDENCIA:
Madrid
O equipo de deseño está formado por Carlos González Arana, Ksenia Orlova e Andrés Peinador de Juan, tres novos arquitectos españois que se coñeceron na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Comparten un interese común polo paisaxismo e o deseño de xardíns e xa teñen traballado xuntos en varios proxectos.
O proxecto de xardín cubista é unha proposta de paisaxismo que busca reinterpretar o movemento artístico do cubismo nun espazo natural.