1- TRAVESÍA ESTELAR

Edición 2024 – Parcela 1

Para o proxecto tómase como referencia a obra de Van Gogh “A noite estrelada” e a danza, vistos desde un punto de arte – expresión, nde os remuíños que aparecen no lenzo se transforman en plataformas para danzar e as pinceladas curtas son aproveitadas con vexetación nunha gama de tons azuis e dourados.
Así, o deseño busca mostrar a conexión entre o home, a natureza e a arte.

Os factores tomados en conta son:
• Iluminación suave: Utilízanse luces suaves e cálidas para iluminar o xardín, ademais colócanse luces colgantes para simular o brillo das estrelas no ceo.
• Plantas e flores nocturnas: Elíxense plantas que desprendan a súa fragrancia durante a noite, como os lirios, lavandas e romeu, que engaden un toque de maxia ao xardín e resaltarán a sensación nocturna; tamén se elixen especies nunha gama de tons azuis e dourados.
• Fontes: Incorpóranse fontes, creando un efecto de reflexo estrelado que será utilizado como plataforma para danzar.
• Camiños curvos: Créanse carreiros serpenteantes no xardín para imitar a sensación de movemento e fluidez presentes en “A noite estrelada”. Para isto utilízase grava miúda e tramos de madeira para delinear os camiños e agregar un toque rústico.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
CYNTHIA NATHALY ROBAYO CARRILO

PROCEDENCIA:
Ecuador.


Son Cynthia Nathaly Robayo Carrillo, orixinaria de Ambato, #Ecuador, unha arquitecta urbanista cunha mestría en Deseño de Xardíns e Paisaxismo. Esta formación profundou o meu vínculo coa natureza, sendo o corazón dos meus proxectos. Con tres anos de experiencia en sistemas de rega e fertirrego, combino arquitectura e agricultura para ofrecer solucións integrais, desde o deseño ata o mantemento de áreas verdes. O meu traballo reflicte unha paixón por fusionar estética, funcionalidade e sostibilidade, creando espazos que embelecen tanto a contorna urbana como natural.