Soñando el futuro. Viviendo el Presente

Edición 2016 – Parcela 2

“Sempre nos proxectamos cara ao futuro ou quedamos no pasado, pero estamos moi pouco no presente”

Mariña Abramovic

O noso proxecto nace a partir da frase desta artista serbia, dado que consideramos que o futuro, ao ser unha idea incerta, ten infinitas posibilidades hipotéticas. Por iso buscamos crear un ambiente de reflexión onde cada persoa poida imaxinar a súa propia versión do futuro e así valorar o noso presente, creando conciencia para a protección da natureza. Queremos que cada persoa cuestione a súa idea de futuro: é este o futuro que quero? Que estou a facer para alcanzalo? Valoro o meu presente?

É un espazo onde cada persoa pode centrarse en si mesma; un espazo que incita a soñar, imaxinar e estimula un intercambio de ideas; un espazo proxectado para interactuar, onde os visitantes se divirten e á vez interiorizan a mensaxe do festival.

Melisa Avila / Daniela Polo

Patrocinador

EQUIPO:
Melisa Avila / Daniela Polo

PROCEDENCIA: Colombia


Arquitectas colombianas, con interese innato na infraestrutura verde urbana, no desenvolvemento de proxectos de innovación e na relación entre o home e a natureza.

Datos de contacto:

meli.avila1@gmail.com

d.polo1431@gmail.com