The search of the forbidden

Edición 2018 – Parcela 3

Este proxecto propón un reencontro coa historia e a cultura desde a perspectiva sensible do erótico, a experiencia e o visual.

O erótico aquí represéntase mediante unha viaxe a través da historia cheo de imaxes, sensacións, lembranzas, música e aromas.

Foi imaxinando as curvas da Moza de Ipanema como xurdiu a idea deste xardín.

Un xardín verdadeiramente orgánico, con moito movemento nun entorno que invita ao visitante a apreciar e sentir o espazo.

Escoitando a Vinícius e explorando as curvas do xardín, o visitante transpórtase a un estado de ánimo que evoca as sensacións dos xardíns secretos coloniais, deseñados para acoller os furtivos encontros amorosos, lugares onde, amparados polos muros vexetais, os amantes podían entregarse placidamente ás súas aventuras eróticas sen medo a ser descubertos.

Equipo DRCP Garden - Daniele Martins Costa, Regiane de Souza Freitas, Candido Marins Fagundes, Patricia Rodrigues

Patrocinador

EQUIPO: Equipo DRCP Garden

Daniele Martins Costa, Regiane de Souza Freitas, Candido Marins Fagundes, Patricia Rodrigues

PROCEDENCIA: Brasil


O noso grupo naceu dun sentimento de conexión, de paixón, de transformar en arte todo o que ofrecen as árbores e as plantas das máis belas.

Os seus membros, profesores e consultores con MBA en xestión medioambiental, graduados en deseño de xardíns, arquitectura, educación artística e deseño industrial, da Universidade Federal de Río de Janeiro, da Universidade Federal de Pernambuco e PUC-RJ, naceron para amar a natureza e con ela eles permanecerán conectados para sempre e para sempre.

Web: www.driadespaisagismo.com