Chasing the look

Edición 2018 – Parcela 7

Unha das nosas inspiracións dentro do tema do erotismo no xardín foi o baile, porque é un xogo de movementos que permite  o descubrimento da propia persoa e do outro. O deseño deste espazo baséase na forma de dous corpos que bailan xuntos, asumindo formas xeométricas moi diferentes que representan as distintas versións de cada un de nós.

Un dos corpos ten formas sinuosas, naturais e máis delicadas, que representan o lado máis sensible. Polo contrario, o outro corpo está representado con formas máis xeométricas e duras, que demostran o noso lado máis animal, agresivo e instintivo.

O erotismo está intimamente relacionado coa sedución, un aspecto moi asociado coa aparencia. Por esta razón, as áreas que representan as cabezas dos bailaríns resaltan as diferentes miradas. O lado máis naturalista ten un pequeno lago onde os visitantes poden verse a través do reflexo na auga. Representa unha mirada introspectiva e máis espiritual.

Contrasta co lado xeométrico, unha estrutura alta que permite a observación do aspecto máis físico. Como colofón da idea da aparencia e a relación entre o singular e o plural, créase na zona central unha instalación de espellos que representa o “clímax”.

Os espellos colócanse estratexicamente para que o observador poida aproveitar os belos detalles do xardín, contemplando a súa imaxe e a dos demais.

Sunlight Paisajismo - Cristina del Pozo, Sara Costa e Elisabetta Nucera

Patrocinador

EQUIPO: Sunlight Paisajismo

Cristina del Pozo, Sara Costa e Elisabetta Nucera

PROCEDENCIA: Madrid 


En SUNLIGHT intervimos na paisaxe para crear, poñer en valor e manter a contorna natural, social e construída. Combinamos o deseño, a ecoloxía e a paisaxe para crear contornas extraordinarias que conecten as persoas coa natureza.

Somos un estudio multidisciplinar e colaborativo. Dedicamos a nosa enerxía, tempo e compromiso aos proxectos e estudos que nos encargan e traballamos moi cerca dos nosos clientes e os seus equipos.

Ao mesmo tempo, colaboramos con estudios de arquitectura e de deseño, empresas de enxeñería, centros de investigación e universidades. Isto permítenos incorporar todas as capacidades necesarias para abordar a complexidade dos proxectos actuais.

WEB: www.sunlight.es