3- O mundo en once aromas

Edición 2023 – Parcela 3

A memoria das viaxes polo mundo remóntase ás primeiras expedicións en busca de especias.
Estas aromáticas trasladáronse aos primeiros xardíns hortícolas, grazas aos cales era posible viaxar a través de diversos aromas.

O mundo en once aromas propón, precisamente, percorrer os xardíns pertencentes ás distintas localizacións xeográficas mediante un xogo de cheiros vinculados a cada unha delas.

O mundo divídese en once franxas con semellantes condicións climáticas, marcadas fundamentalmente pola súa latitude, que definen a orixe das especies seleccionadas. Estas franxas son tamén as que dan lugar ao proxecto, configurándose un percorrido a través delas.
En primeiro lugar, comézase o paseo cun mostrario de cada unha das once especies, representadas tamén cun tótem simbólico. Estas primeiras franxas, de maior tamaño, substitúense ao longo do percorrido por outras máis estreitas. A degustación individual dá paso á amálgama de aromas e sensacións que permiten novas conexións entre lugares do mundo. O camiño, formado por laxas circulares de formigón, é de dimensións reducidas para que sexa o propio rozamento, consecuencia do movemento, o que esperte os cheiros. Ao seu termo, existe a posibilidade de asomarse a todo o xardín grazas á presenza dun pequeno elemento miradoiro pétreo, desde o que contemplar a complexidade aromática e
cromática desta viaxe polo mundo.

uno+uno: Isotta Cortesi e Gisela Bartoloni

EQUIPO:
Avëg

PROCEDENCIA:
Madrid


Belën Fernändez Garcïa (1999)
Julio García García (1999)
Violeta Gonzalo Prieto (1998)
Andrea Sánchez Mena (1998)

Somos un grupo de estudantes do Máster Habilitante de Arquitectura de Madrid na ETSAM (UPM). Coñecémonos na optativa de Paisaxes Contemporáneas. Teorías e estratexias de proxecto e formamos un grupo onde nos complementamos para o desenvolvemento desta proposta para o concurso. Neste tempo démonos conta do noso interese pola paisaxe e a natureza, a importancia dun bo deseño e os seus compoñentes.

Este é o noso primeiro proxecto fóra da escola que asumimos con gran entusiasmo ao ver materializada a nosa proposta. Esperamos seguir formándonos, xunto á arquitectura, no
mundo do paisaxismo.